PLAN TIC NOS CENTROS EDUCATIVOS

Filed under: MUNDO BLOG

Segundo o Decreto 133/2007 de xullo, publicado no DOG…

todos os Centros que impartan ESO teñen que redactar un Plan de Integración das TIC no Centro.

Nombrarase  unha persoa Dinamizadora, Farase unha análise previa, Propostas realistas de emprego na aula…

 

 ¿Servirá para incorporarnos ao século XXI, ou servirá para colocar ordenadores nas prácticas cansinas do século XX, XIX, II, -IV, -CV…

October 1, 2007

unha biblioteca mundial: bookcrossing

Filed under: MUNDO BLOG

Foi un acontecemento a nivel mundial. As noticias esparexíanse polos telexornais: "Un clube de lectura deixa libros nos bancos dos parques para que a xente lea" …

O asunto é que, coma sempre, as boas ideas son moito máis ca iso.

A web de referencia é www.bookcrossing.com, pero hai un entorno español: www.bookcrossing.es, onde podemos ver os foros onde a xente consulta, e se ve a vidiña da comunidade "becera" (BC)

ZONA DE CRUCE DE LIBROSPASOS, PASITOS, PASEOS:  

 1. Rexistraste (aqui):http://www.bookcrossing.com/join . Escolles un pseudónimo e pós un e-mail de contacto. Ata o de aqui, coma calquera "asunto web"

    -Desde ese momento, tés unha "Estantería Virtual"  ("bookshelf"), que sería www.bookcrossing.com/EU

 2. Podes consultar se existe xente rexistrada no teu lugar-país-cidade-vila : aqui en "members":

 3. Podes consultar se un libro que te gusta está "in the wild", liberado e a disposición nalgún país-cidade-vila ou lugar do mundo. Ou cales son os libros actualmente liberados na túa vila.

    Hai dous xeitos xerais de pillar libros: "na selva", ou sexa, en calquera-calquera sitio (portales, cafés, librerías, escolas…), sen máis, e en Zonas Oficiales de Pase de Libros (En Ourense no Pub Dickens, en Lugo no Club Babel, en Vigo no…), nos que cada mes se soe reunir para charlar e soltar libros un grupete de xente. Se deixas libros na zona oficial sabes que vai a haber alguén que o recolla e o coide. Na rúa, nunca se sabe (é moi romántico, liberar, e atopar libros ao azar… pero …)
 

4. Se queres aportar algún libro á comunidade, e liberalo polo mundo, debes rexistralo, co seu  BCID (BookCrossing identification) , para que che den un número (xxx-ccccccc), que porás na solapa (podes poñelo cunhas pegatas moi chulas que hai a dispor na web.

   O asunto é que ese libro identificado terá un Diario (journal) único, e cada persoa que pille ese libro, poderá dicir "téñoo eu", "gustoume", etc.

5.  Se ti pillas ese libro, vas a facerlle a entrada no diario ("make journal entry"), por medio dese número (BCID)
 

 6. Nos "meetups" (encontros mensuais locais), e nos foros organízanse actividades e concursos. HOxendía por exemplos segue a ser popular o Reto de a ver quen máis libros lee nun ano, ou o reto de a ver se chegamos a 5000 libros lidos distintos entre un grupo dado, o o REto do Alfabeto: ler un libro que empece por cada letra do alfabeto…. Etc

  —————————————————————————————-

Unha iniciativa gratuita, compartida, libre, … das cousas que hai que promocionar.

 Como o de goear que dixo Iris : www.goear.com

 
Este é un blog xurdido das clases dun Master en TIC e Educación celebrado en Lugo dende outubro de 2006 a abril de 2007

impartido polo Grupo Stellae da USC

  • October 2007
    M T W T F S S
    « Sep   Nov »
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    293031  
  • login

  • Entradas+Recentes



    O máis aclamado (xa che digo...)

    SABER SABEMOS; O CASO É COMO: 2

    Categorías: :

    BLOGs DE:
    COLEGUIS DO MASTER:

    Iris Vázquez Carballal (ACTIVO set 07))
    Oscar Souto Muñoz
    Manolo Ramos Iglesias
    Ana Alonso Varela
    Elvira Vila Bravo (v. 2ª)
    novo de Rubén (out 07)

    F. Javier Quintas Ferreño
    Oscar Quintas Ferreño
    Fernando Merino
    Fé Lobera Testa (v. 2ª)
    Juan Carlos Sánchez Díaz
    Juanjo García Rodicio
    Lupo Rubén
    Marta Meilán Fuentes
    Sandra Fdez. Mourín
    Txema Vázquez López
    Verónica Mosquera
    Olga Castro Otero
    Sheila López


    VOTACIONS

    Dinos que Blog che mola máis



    algunhas ACTIVIDADES do Master:

  • Busca algo:

  • Arquivados no mes de...:


  • Detalles internos

    mandanos o teu nome se visitas a páxina

  • Meterse:
  • Meta (rastros):
  • Enlaces varios:

  • Get free blog up and running in minutes with Blogsome
    Theme designed by Donncha O Caoimh