Foi un acontecemento a nivel mundial. As noticias esparexíanse polos telexornais: "Un clube de lectura deixa libros nos bancos dos parques para que a xente lea" …
O asunto é que, coma sempre, as boas ideas son moito máis ca iso.
A web de referencia é www.bookcrossing.com, pero hai un entorno español: www.bookcrossing.es, onde podemos ver os foros onde a xente consulta, e se ve a vidiña da comunidade "becera" (BC)
1. Rexistraste (aqui):http://www.bookcrossing.com/join . Escolles un pseudónimo e pós un e-mail de contacto. Ata o de aqui, coma calquera "asunto web"
-Desde ese momento, tés unha "Estantería Virtual" ("bookshelf"), que sería www.bookcrossing.com/EU
2. Podes consultar se existe xente rexistrada no teu lugar-país-cidade-vila : aqui en "members":
3. Podes consultar se un libro que te gusta está "in the wild", liberado e a disposición nalgún país-cidade-vila ou lugar do mundo. Ou cales son os libros actualmente liberados na túa vila.
Hai dous xeitos xerais de pillar libros: "na selva", ou sexa, en calquera-calquera sitio (portales, cafés, librerías, escolas…), sen máis, e en Zonas Oficiales de Pase de Libros (En Ourense no Pub Dickens, en Lugo no Club Babel, en Vigo no…), nos que cada mes se soe reunir para charlar e soltar libros un grupete de xente. Se deixas libros na zona oficial sabes que vai a haber alguén que o recolla e o coide. Na rúa, nunca se sabe (é moi romántico, liberar, e atopar libros ao azar… pero …)
4. Se queres aportar algún libro á comunidade, e liberalo polo mundo, debes rexistralo, co seu BCID (BookCrossing identification) , para que che den un número (xxx-ccccccc), que porás na solapa (podes poñelo cunhas pegatas moi chulas que hai a dispor na web.
O asunto é que ese libro identificado terá un Diario (journal) único, e cada persoa que pille ese libro, poderá dicir "téñoo eu", "gustoume", etc.
5. Se ti pillas ese libro, vas a facerlle a entrada no diario ("make journal entry"), por medio dese número (BCID)
6. Nos "meetups" (encontros mensuais locais), e nos foros organízanse actividades e concursos. HOxendía por exemplos segue a ser popular o Reto de a ver quen máis libros lee nun ano, ou o reto de a ver se chegamos a 5000 libros lidos distintos entre un grupo dado, o o REto do Alfabeto: ler un libro que empece por cada letra do alfabeto…. Etc
—————————————————————————————-
Unha iniciativa gratuita, compartida, libre, … das cousas que hai que promocionar.
Como o de goear que dixo Iris : www.goear.com


boas, é un gostaço comprobar que ainda segues a innovar e practicar con todo isto e teño que darche a miña noraboa; outros esquecemos cedo o aprendido.
tan só quería darche o meu novo blog (non é nada nuvidoso pero que lle queres).
un saúdo animo
http:\komandochupitodos.blogspot.com
Comment by chuflas — October 16, 2007 @ 11:10 am
Ai ho, ainda andas ti tamén por aí?
Moitas gracias
Hai que seguir dándolle, que se non esquécese!
Comment by juanjo — October 16, 2007 @ 11:23 am
good play
Comment by jorge enan — June 17, 2008 @ 1:14 am