EN REDE PARA COPIAR

Filed under: MUNDO BLOG

Sabemos o que son as Redes, incluso a Rede de Redes. 

Hai centros que traballan en rede. _REdes de CEntros. REdes de CEntros Avanzados en TICs (…)

Estamos, colaboramos, miramos, curioseamos, facemos forza e copiamos ¿por que non?

Estar en Rede, tecer redes, recoller do inmenso mar.

May 28, 2008

ENSINANTES HOXE

Filed under: MUNDO BLOG

Na páxina de Teach Today (en castelán tamén),

hai consellos rápidos, de 15 segundos, sobre

blogs, wikis, videodiarios, taboleiros web.

etc

etc

Pouco a pouco, que será o próximo?

January 28, 2008

FENDA, QUE FENDA?

Filed under: MUNDO BLOG

PAra que non se diga,que non estamos na fenda

 

E para que non se diga, que non estamos na blogosfera 

 

Agora, digo eu . ¿PARA QUE? 

 

December 28, 2007

WIKI YANQUI

Filed under: MUNDO BLOG

REsulta que o wiki do mes este mes, é http://eduwikius.wikispaces.com/, un wiki dunha comunidade escolar.

Mirade, porque tén cousas interesantes.  Unha receita máis para os voso menús.

Incluso ao final desta páxina http://eduwikius.wikispaces.com/WebQuests tén un TRADUCTOR,para as que non controlades o inglés. O traductor é do google, e algo patateiro, pero para enteirarse vale.

 

Saúdos, e non papedes tanto no Nadal, senon non hai maneira

COMER, PRODUCTO DA TERRA; HO

December 4, 2007

SABER SABEMOS; O CASO É COMO

Filed under: MUNDO BLOG

Segundo os estudos do MEC, das TIC, facendo un TAC, sen FIN

Chegamos á conclusión de que :

Hai que seguir a facer máis estudos

 

"Había unha vez un enano que daba solo un desexo máxico: que lle queiras pedir outro desexo "

 

 

 

November 3, 2007

MEDO DE QUE SIRVA PARA ALGO

Filed under: MUNDO BLOG

Un bó día apunteime a un concurso.

Estaba relacionado con algo que Adriana Gewerk nos amosou no Master en TIC

Era facer unha WEB QUEST relacionada co Voluntariado e a Solidariedade.

Estaba realmente dubidoso. Habia que topar unha BOA TAREFA. e tamén  uns RECURSOS GLORIOSOS

Na aplicación que nos ofrecían, por medio de phpwebquest, non aparecían os recursos separados, só 10 máximo.

Só introducción, tarefa, proceso, avaliación e conclusións.

Amáis, tiña serios problemas para subir fotografías. A cousa colgábase, e tiña que volver a teclear todo de novo. Incluso se me entremisturaron unha coas outras. Incluso fixen máis, que non saíron publicadas por non saír da aplicación, atrapadas… 

Agora xa está entregado no seu destino na rede.

Agora teño vergonza de poder gañar algo.  E que digades que non vos avisei.

E que máis daba. Todo é participar e divertirse. 

 

October 16, 2007

PLAN TIC NOS CENTROS EDUCATIVOS

Filed under: MUNDO BLOG

Segundo o Decreto 133/2007 de xullo, publicado no DOG…

todos os Centros que impartan ESO teñen que redactar un Plan de Integración das TIC no Centro.

Nombrarase  unha persoa Dinamizadora, Farase unha análise previa, Propostas realistas de emprego na aula…

 

 ¿Servirá para incorporarnos ao século XXI, ou servirá para colocar ordenadores nas prácticas cansinas do século XX, XIX, II, -IV, -CV…

October 1, 2007

unha biblioteca mundial: bookcrossing

Filed under: MUNDO BLOG

Foi un acontecemento a nivel mundial. As noticias esparexíanse polos telexornais: "Un clube de lectura deixa libros nos bancos dos parques para que a xente lea" …

O asunto é que, coma sempre, as boas ideas son moito máis ca iso.

A web de referencia é www.bookcrossing.com, pero hai un entorno español: www.bookcrossing.es, onde podemos ver os foros onde a xente consulta, e se ve a vidiña da comunidade "becera" (BC)

ZONA DE CRUCE DE LIBROSPASOS, PASITOS, PASEOS:  

 1. Rexistraste (aqui):http://www.bookcrossing.com/join . Escolles un pseudónimo e pós un e-mail de contacto. Ata o de aqui, coma calquera "asunto web"

    -Desde ese momento, tés unha "Estantería Virtual"  ("bookshelf"), que sería www.bookcrossing.com/EU

 2. Podes consultar se existe xente rexistrada no teu lugar-país-cidade-vila : aqui en "members":

 3. Podes consultar se un libro que te gusta está "in the wild", liberado e a disposición nalgún país-cidade-vila ou lugar do mundo. Ou cales son os libros actualmente liberados na túa vila.

    Hai dous xeitos xerais de pillar libros: "na selva", ou sexa, en calquera-calquera sitio (portales, cafés, librerías, escolas…), sen máis, e en Zonas Oficiales de Pase de Libros (En Ourense no Pub Dickens, en Lugo no Club Babel, en Vigo no…), nos que cada mes se soe reunir para charlar e soltar libros un grupete de xente. Se deixas libros na zona oficial sabes que vai a haber alguén que o recolla e o coide. Na rúa, nunca se sabe (é moi romántico, liberar, e atopar libros ao azar… pero …)
 

4. Se queres aportar algún libro á comunidade, e liberalo polo mundo, debes rexistralo, co seu  BCID (BookCrossing identification) , para que che den un número (xxx-ccccccc), que porás na solapa (podes poñelo cunhas pegatas moi chulas que hai a dispor na web.

   O asunto é que ese libro identificado terá un Diario (journal) único, e cada persoa que pille ese libro, poderá dicir "téñoo eu", "gustoume", etc.

5.  Se ti pillas ese libro, vas a facerlle a entrada no diario ("make journal entry"), por medio dese número (BCID)
 

 6. Nos "meetups" (encontros mensuais locais), e nos foros organízanse actividades e concursos. HOxendía por exemplos segue a ser popular o Reto de a ver quen máis libros lee nun ano, ou o reto de a ver se chegamos a 5000 libros lidos distintos entre un grupo dado, o o REto do Alfabeto: ler un libro que empece por cada letra do alfabeto…. Etc

  —————————————————————————————-

Unha iniciativa gratuita, compartida, libre, … das cousas que hai que promocionar.

 Como o de goear que dixo Iris : www.goear.com

September 18, 2007

A BIBLIA ACTUAL DO USO TIC

Filed under: Uncategorized

Acabo de atopar por medio de por medio de por medio de

esto    : Un cento de expert+s falan do seu Top 10 de ferramentas TIC para o ensino. 

                                                                            

FLIPA.   E EXPERIMENTA POR TI MESM+

 

Saúdos, xente, esto recomenzzza 

August 19, 2007

volvemos ás andadas

Filed under: Uncategorized

Máis pedagoxía e menos filosofía

 

(reforma da tese 11 de Carl Marx sobre Feuerbach: "o mundo xa foi pensado de máis, agora o que queda é cambialo (a mellor digo eu) 

 
Este é un blog xurdido das clases dun Master en TIC e Educación celebrado en Lugo dende outubro de 2006 a abril de 2007

impartido polo Grupo Stellae da USC

  • July 2008
    M T W T F S S
    « Jun    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • login

  • Entradas+Recentes



    O máis aclamado (xa che digo...)

    unha biblioteca mundial:...: 4
    FAI SONS NA INTERNET: 3
    O que ves é o que tés: 2

    Categorías: :

    BLOGs DE:
    COLEGUIS DO MASTER:

    Iris Vázquez Carballal (ACTIVO set 07))
    Oscar Souto Muñoz
    Manolo Ramos Iglesias
    Ana Alonso Varela
    Elvira Vila Bravo (v. 2ª)
    novo de Rubén (out 07)

    F. Javier Quintas Ferreño
    Oscar Quintas Ferreño
    Fernando Merino
    Fé Lobera Testa (v. 2ª)
    Juan Carlos Sánchez Díaz
    Juanjo García Rodicio
    Lupo Rubén
    Marta Meilán Fuentes
    Sandra Fdez. Mourín
    Txema Vázquez López
    Verónica Mosquera
    Olga Castro Otero
    Sheila López


    VOTACIONS

    Dinos que Blog che mola máis



    algunhas ACTIVIDADES do Master:

  • Busca algo:

  • Arquivados no mes de...:


  • Detalles internos

    mandanos o teu nome se visitas a páxina

  • Meterse:
  • Meta (rastros):
  • Enlaces varios:

  • Get free blog up and running in minutes with Blogsome
    Theme designed by Donncha O Caoimh