antes estabamos en mtlugo.blogia.com
poño a Entrada que estaba no outro blog de Blogia.com, (que non me deixaba poñer nen sequera esta foto … porque dicía que era demasiado GRANDE????)
Somos coma cativ+s, facendo equilibrios na internet
QUE ERA ESO DO HTML
Pois resulta que o famoso "HTML" é
1.- unha linguaxe de programación
2.- para que un Ordenador se entenda con Outro do que recibe información (e se vexa ALGO TAL CUAL).
(outra definición completiña)
Eu aprendín algo, por medio destas 3 cousas (de máis recente a máis lonxe na miña biografía)
1.- Un profe de FP en Vigo que da a asignatura de "publicación web: lenguaje Html", e tén varios enlaces para que o alumnado aprenda o asunto. Incluso fai exames por medio de chat, etc etc. Tén un material, dun dos gurús da informática(greenspun, é deses verdadeiros sabios: é un dos xenios da informática mundial da historia, e pero é tan sinxelo coma un pan (como vees, os xenios da internet non fan webs Complicadas) e nos di "How to learn Html in 21 mintutes: Como aprender Html en 21 minutos. Alucinante, eh? Está en inglés, pero VINTEUN MINUTOS!!!). Hai 1 , 2, e máis … titoriais interesantes (por dicilo así, aprender HTML de 4 profes distint+s)
2.-Unha rapaza de SAntiago, membro dun Clube de LEctura por internet, que para axudar aos compas, fixo un enlace-titorial para que aprendesemos tod+s: Este é
3.- Meu profe de Historia en BUP daba unhas clases extraescolares de Informática ¡, e nos dicía cousas como esta : "Un ordenador é tan tonto que non fai nada que non lle dixeran antes. Teslle que dicir Todo: Pon ESTO, ESTE XEITO , AQUI. Se non o fai é por dúas razóns válidas únicamente:
A)Ou non te entendeu, porque non lle falaches como el entende (hai moitas linguaxes, pero HTML é universal
B) ou xa alguén máis importante para el lle dixo como facelo.
O asunto é que o HTML pertence a ese Movemento Histórico de poñer a Internet e as Computadoras ao servicio de TODAS, non só de quen paga. E aseguráronse de que HTML poida ser Universal, e poder traballar con el, calquera que sexa o Software propietario que teñas (pirateado).
Unha fundación (W3C (tamén en castelán ) asegúrase de que non nos quiten (ou merquen) o dereito a navegar pola Internet